O plan AS MARIAS segue adiante coa incorporación de máis persoas e entidades!
As accións do plan, encamiñadas á facer fronte aos desafíos identificados e mellorar o benestar comunitario, estanse xestando exitosamente grazas á implicación da veciñanza e o traballo colectivo da Rede Sabugueira Saudable.
O pasado 31 de xaneiro tivo lugar o primeiro obradoiro de autocoidados. Da man da matrona e a nutricionista do Centro de Saúde Fontiñas, abordáronse claves para unha vida saudable nas persoas maiores e compartíronse saberes e inquietudes.
Próximamente terá lugar a actividade “Coidar a quen coida” coa colaboración da Escola Galega de saúde para o cidadán (Consellería de Sanidade), para facilitar ferramentas prácticas e emocionais nesta labor fundamental dos coidados:

Asemade, arrancamos a iniciativa Roteiros con-vida! No encontro do 21 de febreiro, comezamos a identificar elementos do patrimonio material e inmaterial, así como rutas e paseos saudables. A proposta, en colaboración co CEIP Mestre Rodríguez Xixirei e a Asociación de Familias do Alumnado, a Asociación de Mulleres Rurais de Sabugueira, O cole de Iciar e a Universidade de Santiago de Compostela, está aberta para seguir xuntando testemuñas sobre lendas, lugares e historias e crear un mapa colaborativo que nos achegue ás raíces e continue facendo camiño coa participación comunitaria.
Moitas grazas veciñanza, asociacións locais e institucións participantes. Seguimos construíndo xuntas!