Noticias

Revivimos a II Feira Sabugueira Saudable

Hai días que nos lembran o que significa medrar en comunidade. A II Feira Sabugueira Saudable foi un deles: unha xornada de encontros, sorrisos, conversas, aprendizaxes e mans de todas as idades unidas para seguir coidando do lugar que habitamos.

Entre exposicións, petiscos, xogos, pandereteiras, regueifas, experimentos, artesanía, un mural colaborativo e moitas outras actividades, vivimos a alegría de compartir, a emoción dos reencontros e a satisfacción de comprobar que, cando persoas, entidades e institucións participan, colaboran e se implican, a comunidade faise máis forte.

Este vídeo recolle algúns deses momentos que nos lembran que o verdadeiro valor da Feira estivo nas persoas: nas que crean, coidan, colaboran, aprenden unhas das outras e fan posible que Sabugueira siga avanzando cara a un futuro máis saudable, inclusivo e sostible.

Grazas por formar parte deste camiño. Seguimos facendo comunidade.

Agradecementos:

á realización do vídeo Manuel Silva

ao compromiso da veciñanza e as entidades locais: CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei, Asociación de Familias CEIP Lavacolla, Asociación de Mulleres Rurais de Sabugueira, Asociación Lavacolla Activa , O Cole de Iciar, Imaxson , Sanín

á colaboración de: Concello de Santiago, Locais Socioculturais do rural, Rede Galega de Promoción da Saúde-Consellería Sanidade, Universidade de Santiago de Compostela 


o financiamento de Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030