A veciñanza de Sabugueira organiza unha feira para celebrar a forza da comunidade no benestar ao longo da vida.
O evento terá lugar o 7 de xuño de 11 a 13h na Alameda da Lavacolla e oriéntase a todos os públicos de aquí e acolá. Haberá xogos tradicionais e orixinais para re-coñecer experiencias saudables e explorar o patrimonio cultural e natural da contorna. Tamén compartiranse petiscos, folclore e máis propostas para actuar en común.
Todo isto cocreado e dinamizado por crianzas, mocidade e maiores que trocan ideas en feitos, coa colaboración de asociacións e negocios locais e de axentes educativos, sociais, sanitarios e institucionais.
Esta acción colectiva enmárcase no Plan AS MARIAS (Acción en Saúde de Mellora Ambiental, Relacións Interxeracionais e Auto-coidados en Sabugueira). E propón un ambiente lúdico e construtivo, no que vivenciar como os vínculos comunitarios e o traballo en rede poden mellorar as condicións de vida, do individual ao colectivo e do local ao global.