Convidámosvos ao primeiro obradoiro de coidados, froito do Plan AS MARIAS!
Estás interesado/a en mellorar o teu benestar e adquirir ferramentas para unha vida máis saudable?
O próximo 31 de xaneiro, en Lavacolla, realizarase o obradoiro «Claves para unha vida saudable nas persoas maiores», da man da matrona Diana Luque Indiano e a nutricionista Navia Duyos Mato, coa colaboración da REGAPS.
Nesta actividade aprenderemos xuntas como coidar mellor da nosa saúde física e emocional, compartir experiencias e descubrir hábitos que poden marcar a diferenza no noso día a día.
📅 Data: 31 de xaneiro
📍 Lugar: Centro Sociocultural da Lavacolla
🕒 Horario: de 12 a 13:30h
Anímate a participar! A túa saúde e benestar son a nosa prioridade.
