Un espazo para que todas as xeración construamos comunidade xuntas.
En Sabugueira, xuntamos experiencia e ideas da xente nova e maior para tecer vínculos a favor do benestar e a sustentabilidade.
Xa levamos un bo camiño percorrido, pero queremos seguir avanzando no coidado das persoas e da natureza.
Por isto, convidámosvos a este encontro interxeracional no que contaremos coa especial colaboración do alumnado do CEIPP Mestre Rodríguez Xixirei, xunto á Rede Sabugueira Saudable.
Agardámosvos!
🗓️ Data: 10/02/26
⏰ Hora: 18-19:30h
📍 Lugar: Centro Sociocultural da Lavacolla, Lugar Sionlla 33 (Santiago de Compostela)